A nosa actividade > I+D+i

O Departamento de I+D+i creouse no ano 2009, co fin de coordinar e sistematizar as actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica realizadas pola empresa. Para iso desenvolveuse e púxose en marcha un Sistema de Xestión de I+D+i segundo a Norma UNE-EN ISO 166002-2006, que se integra no sistema xa implantado na empresa baseado nas normas de calidade, medioambiente e seguridade e saúde.

Como membro da Asociación de Empresas de Conservación e Explotación de infraestruturas (ACEX), Extraco S.A. participou previamente en diversos proxectos de I+D+i desenvolvidos no trienio 2006-2009, entre os que destacan:

Optimización das solucións de seguridade viaria aplicadas desde a conservación.

En colaboración co resto de asociados de ACEX, a E.T.S. Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de Madrid, e a Fundación Agustín de Betancourt. O seu obxectivo foi establecer procedementos avanzados de deseño de implantación de actuacións de mellora da seguridade viaria a través das operacións habituais de conservación de estradas.

www.acex.ws

www.fundacionabetancourt.org

Optimización nos tratamentos preventivos de vialidade invernal, a través de previsións meteorolóxicas polo miúdo, para minimizar o seu impacto económico, social e ambiental.

Este proxecto desenvolveuse en colaboración co Instituto de Ciencias Ambientales da Universidad de Castilla La Mancha e o resto de empresas asociadas.

O seu obxectivo fundamental foi elaborar procedementos para prognósticos meteorolóxicos particularizados, de elevado detalle espacial á hora de prognosticar a ocorrencia de nevadas e xeadas en calquera punto da rede viaria, baseándose nos resultados obtidos co modelo numérico PROMES.

www.acex.ws

www.icam.uclm.es

Deseño dun sistema de posicionamento por satélite para a mellora da xestión das frotas de vehículos quitaneves e auxiliares

A finalidade do proxecto foi definir un sistema de información que, baseado nun proceso de posicionamento único, permitise optimizar as operacións das frotas de conservación de estradas.

Neste proxecto colaboraron empresas asociadas a ACEX e un equipo de investigación composto por expertos de GMV Sistemas S.A., e o Centro de Tecnología Aeronáutica y Espacial de Cataluña (CTAE)-Universitat Politécnica de Catalunya (UPC).

www.acex.ws

www.upc.edu/unitat/fitxa_unitat.php?id_unitat=583&lang=esp

Extraco S.A. conta tamén cun laboratorio central de control de materiais e plantas de fabricación de aglomerado asfáltico, nas que se teñen desenvolvido estudos de eficiencia e aforro enerxético. O Sistema de Xestión de I+D+i de Extraco S.A. foi certificado por AENOR no ano 2011 (IDI-0021/2011) para as actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación en:

  1. Aproveitamento e reciclaxe de materiais e en eliminación de residuos aplicados á produción de mesturas bituminosas.
  2. Dispositivos de seguridade viaria.
  3. Tecnoloxías de inspección de infraestruturas lineais e estradas.
  4. Control de corrosión en formigón armado.

Colaboración con institucións

Nos grupos de traballo de plataforma, superestrutura de vía e instalacións.

www.ptferroviaria.es

Órgano de referencia no sistema galego de I+D+i na área ambiental, participando nos grupos de traballo de calidade, xestión e tratamento de augas, residuos e tecnoloxías ambientais.

www.envite.org

E.T.S. Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. Fundación da Enxeñaría Civil de Galicia.

www.caminos.udc.es/fundacion

Equipo de Investigación G4+ Análise, diagnóstico e deseño estratéxico de empresas, cadeas empresariais e territorio.

http://g4plus.uvigo.es

Grupo de Investigación

TF1-Fotogrametría e Teledetección

Próximas E.T.S. Enxeñeiros de Minas.

http://grupotf1.wix.com/tf1-web

Proxecto SITEGI

www.sitegi.es e www.cdti.es