Consciente da aposta das administracións públicas por impulsar a participación do sector privado nos investimentos en infraestruturas, Extraco S.A. está presente en varias sociedades concesionarias de obras de titularidade pública. Estas sociedades encárganse da conservación, mantemento e explotación de infraestruturas de transporte e de equipamento público en réxime de concesión administrativa.
Sociedades concesionarias participadas por Extraco, S.A.
Concesionaria Santiago-Brión S.A.
Trátase dun contrato de concesión de obra pública para a construción e explotación da autoestrada AG 56 Santiago-Brión, de 15 quilómetros de lonxitude, e que inclúe a variante que une a poboación das Galanas (N-550) con Pardiñas (AG-52).
Tipo de concesión: Sistema de canon por demanda, financiado pola Xunta de Galicia, cunha duración de 30 anos.
Data de inicio da explotación: Febreiro de 2008.
Máis información en: http://www.sanbrion.com
Aucel S.A.
(Autoestrada Ourense-Celanova, Sociedade Concesionaria da Xunta de Galicia S.A.). Creada no ano 2009, esta sociedade construiu e explota a vía de alta capacidade que enlaza a autovía das Rías Baixas A-52 coa localidade de Celanova (Ourense).
Tipo de concesión: Peaxe na sombra, cunha duración de 30 anos.
Data de inicio da explotación: Xaneiro de 2013.